Home
Spanish

Que son Fallas?

Onde está Valencia?As Fallas son unha festa coñecida internacionalmente de Valencia, a terceira cidade máis grande de España. Sen embargo, hai fallas noutros lugares cercanos, coma Alzira, Dénia, Gandia, Xátiva e Orihuela. As Fallas comezan o 15 de marzo e rematan o 19 de marzo (é a chamada "Semana Fallera"), máis dende o 1 de marzo podes atopar varios actos interesantes nas Fallas, especialmente fogos artificiais.

O concello de Valencia organiza a maioría dos eventos das Fallas, pero en cada barrio, as comisións falleras celebran a festa na súa propia zona. Nós somos a Falla Joseph Maria Haro-Poeta Mas i Ros, unha comisión no Distrito Marítimo de Valencia. Cada comisión fallera ten unha raiña mayor (a "fallera mayor") e unha raiña infantil (a "fallera mayor infantil"), e a cidade de Valencia ten á súa vez as súas propias raiñas falleras.

O fogo é moi importante nas Fallas. Dende o 15 de marzo, Valencia planta ó redor de 380 monumentos de cartón-pedra nas rúas. O nome de cada monumento é "falla", e representa un punto de vista satírico dos últimos acontecementos do Mundo cunha excelente calidade artística. Cando chega o día 19 (día de San Xosé), as fallas se queiman ó redor das 12:00 am. Todos os días entre o 15 e o 19 de marzo, hai unha "mascletá", que son fogos artificiais diurnos que producen un ruído rítmico. Podes ver toda clase de fogos artificiais en Valencia. Ó finalizar a noite hai grandes e coloridos fogos artificiais preto do vello cauce do río Turia.

Isto non é todo. As Fallas teñen música por todos os lugares todo o tempo, por que os valencians ámana. Podes atopar flores, grandes corridas de touros e diversión cada noite. Se visitas as Fallas, enamoraraste delas e de Valencia.
Máis sobre a festa das Fallas en LocalFestivities.com (a maior festa no Top50).

Tradución de Luis e Óscar Mozas Cascallar

Falla Josep Maria Haro-Poeta Mas i Ros (Valencia, Spain)
Webmaster: Carles Andreu Fernández Piñero
E-mail | Guestbook | Legal notice