FAIL (the browser should render some flash content, not this).

Gonzalo Abelairas, (nacido en Santa Cruz de Tenerife o 6 de novembro de 1976, vive en Ourense dende os seis anos de idade).

Titulado en “Grado Profesional en Gaita Galega”, no Conservatorio Profesional de Música Mayeusis de Vigo, no ano 2006, estudando con Mestres como Ernesto Campos, Isabel Mouzo e Jose Manuel López ,“Josele”.
No 2006, supera a proba de acceso o “Conservatorio Superior de Música de Vigo”, na especialidade de Musicoloxía e continúa a súa formación en Gaita e Percusión, no “Conservatorio de Música Folque” de Lalín.
Combina a súa faceta de Gaiteiro do Grupo de Música tradicional “Gomes Mouro” e Gaiterio e compositor no cuarteto “Abelente” coa de mestre de gaita galega na Provincia de Ourense.

Iníciase na música os dez anos de idade, estudando piano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde remata o grado elemental polo plan do 66, pero co paso do tempo e o seu gran interés pola música tradicional galega, fan que comeze a estudar Gaita e Percusión, na Aula de Música Tradicional “Gomes Mouro” (curso 1999-2000), onde xa dende ese primeiro ano, entra a formar parte do seu grupo de alboradas. Con esta formación participa en todo tipo de festas, romerias e destacando actuacións como a do “I Dia do Patrimonio Inmaterial”, celebrado en Ourense, ou os festivais de Ferreras de Abajo e Zamora.

Dende o curso 2002-2003, comeza a impartir clases de Gaita e de Iniciación á Percusión nas diferentes escolas, asociacións e concellos da provincia de Ourense, vinculadas á AOFT, (Asociación Ourensá de Folclore Tradicional), e na EMT, (Escola de música Tradicional de Ourense), dende o curso 2004-2005

Colaborador no libro “De pano Sedán”, obras para gaita, publicado por J. Presedo / A. Filgueira, Edicións do Cumio, coas partituras “Sol de Maio” e “De troula”.

A partir de xuño de 2005, convertese no Presidente da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional, adicada o ensino da Música tradicional Galega na Provincia de Ourense

Durante estos anos, ten realizado multitude de cursos sobre afinación, tempero, historia da Música Galega, técnica, interpretación, análise da Música Tradicional, de empalletado e construción de palletas e pallóns, destacando:
O curso de “Arranxos e composición a xeito tradicional”, impartido polo mestre Ernesto Campos, no local de Gomes Mouro e na Escola de Música Tradicional de Ourense nos cursos 00-01 e 01-02 e o “II Curso de Gaita”, impartido polos Mestres, Pedro Lamas e Iván Costa no Conservatorio Superior de Música de Vigo no 2007.

No 2005 participa compoñendo e interpretando a música da banda sonora da Curtametraxe “Voando”, rodado en Allariz e resultando gañadora do festival “On Off” de Rivadeo no verán de 2005. Tamén compón para outras curtametraxes como a rodada en Ourense no verao de 2007, " Presagio ".

A partir do ano 2006, nace o cuarteto “Abelente”, feito para comezar a traballar nun repertorio de composición propio e participar nos diferentes concursos de gaita de Galicia.
Comeza entón a súa traxectoria participando en concursos, tanto de solista como de cuarteto acadando premios como:

 

Con Abelente:

-Terceiro premio no “IIº Concurso de Cuartetos e quintetos de Ortigueira”,
(13-5-2006)

-Finalistas no XXXIX “Concurso de Cuartetos de Ponteareas”,
(23 e 24-9-2006)

-Terceiro premio no “IIIº Concurso de Cervo”,
(5-4-2007)

-Segundo premio no X “Memorial Manuel Texode Vedra,
(5-5-2007)

-Finalistas no XL “Concurso de Cuartetos de Ponteareas”,
(22 e 23-9-2007)

-Segundo premio no I“Concurso de Cuartetos de LuouTeo,
(21-10-2007)

-Finalista no Concurso de Cuartetos, “Moxenas”, Valladares,Vigo
(26-1-2008)

-Terceiro premio no “Iº Concurso de Cuartetos, Festas de Ourense”,
(28 e 29-6-2008)

-Terceiro premio no XI “Memorial Manuel Texode Vedra,
(20-7-2007)

-Cuarto premio no XLI “Concurso de Cuartetos de Ponteareas”,
(20 e 21-9-2008)

-Terceiro premio no II “Concurso de Cuartetos de LuouTeo,
(18-10-2008)


 

Como Solista:


-Finalista no I Certame de Gaitas “AS MARIÑAS” DE BETANZOS”, disputada o 16 de Maio de 2007, (acompañado no Tambor por Noelia García) e:
Gañador do “Sapo de Ouro”, mención o mellor traxe Tradicional do Concurso.

-Finalista no XVII Concurso de Gaita Solista “Constantino Bellón”, final disputada o 31 de agosto de 2007, no Teatro Jofre de Ferrol.


-2º Premio no "III Memorial Manuel Dopazo", acompañado no Tambor por Noelia García. Celebrado en Bandeira o dia 11 de Maio de 2008.

-1º Premio no 51º Certame de Acordeón, na categoría de "Grupos Populares" coa formación:
Gerardo Quintela, (Acordeón) Patricia López, (Voz e Percusións), e Gonzalo Abelairas, (Gaita e Saxo Soprano),
celebrado en Ourense o 4, 5, e 6 de Xullo de 2008

-1º Premio no “ Iº Concurso de Gaiteiros Solistas, Santiaguiño do Monte”, celebrado en Padrón o 25 de Xullo de 2008, acompañado no Tambor por Noelia García.

-ACCESIT no XVIII Concurso de Gaita Solista “Constantino Bellón”, final disputada o 31 de agosto de 2008, no Teatro Jofre de Ferrol.

 

 

Gravacións feitas:

-X Memorial Manuel Texo, 2007
-I Certame de Gaita “As Mariñas de Betanzos”, 2007
-XVII Concurso de Gaita Constantino Bellón, 2007
-Maqueta coa "Agrupación Agarimo" de Ourense, (Gaita e Saxo Soprano), febreiro de 2008
-V Encontro de Gaiteiros "Manuel Villanueva", Poio 2008
-Xi Memorial Manuel Texo, 2008
-XVIII Concurso de Gaita Constantino Bellón, 2008

 

 

Imparte clases de Gaita e Iniciación á Percusión nas escolas vinculadas á “Asociación Ourensá de Folclore Tradicional –AOFT Gomes Mouro:

-Na Escola de Música Tradicional de Ourense - AOFT Gomes Mouro
-Na Escola de Música Tradicional do Concello de Allariz
-Na Escola de Música Tradiciona do Concello de Maceda
-Na Asociación "Parque Barbaña" de Ourense

 

Descargar o currículo completo.

Agradecementos:
Quería agradecer a toda a xente que me apoiou dende que comecei, a miña familia, o meu irmán por todo o traballo feito coa páxina web, a miña compañeira Patricia por estar sempre ahí, a toda a xente que estivo e está en Gomes Mouro por todo, os meus amigos, alumnos e mestres, a Noelia polo traballo que leva feito e levará, para acompañarme aos concursos e a Presedo e Juan Casalderrey polas fotografías como non.

 

PÁXINA ACTUALIZADA O 17 DE NOVEMBRO DE 2008

© Copyright das pezas e partituras, Gonzalo Abelairas.