
iesga
considera precaria a situación dos bolseiros de investigación
Consideran insuficiente o
novo Estatuto do Becario de Investigación.
Demandan a elaboración dun Estatuto do Investigador que
transforme as bolsas de investigación en contratos laborais.
iesga
considera insostible a situación que soportan os bolseiros
de investigación. Unha situación que supón
para os xóvenes investigadores manterse durante anos
nunha situación de precariedade absoluta onde as súas
obrigacións non se ven correspondidas con dereitos laborais
básicos coma as prestacións por desemprego, a
seguridade social, baixa por enfermidade ou maternidade.
iesga
considera necesario unha serie de medidas como a conversión
das becas post-doctorais en contratos laborais que outorgue
a este colectivo cobertura social, a aprobación dun Estatuto
do Investigador que regule de forma explícita os dereitos
dos investigadores, ademáis dun incremento do gasto en
investigación e desenvolvemento.
+ info:
Federación de Jóvenes Investigadores
Precarios-Galicia