noticias
quen somos?
actividades e servicios
representantes
iesga no teu centro
contacta
descargas
enlaces
 
 


 

iesga iniciou unha campaña de sensibilización coa edición e distribución de folletos na USC. A entidade estudiantil manifestou a súa oposición á intervención militar en Irak. Denuncian a manipulación informativa á que está sendo sometida a opinión pública por parte dos gobernos de Bush e Aznar “coa fin de xustificar un modelo mundial de terror e insolidariedade” indicou o seu portavoz.


[Manifesto de iesga: non á guerra]

“Na guerra, a verdade é a primeira víctima”

BUSH, AZNAR e outros gobernos quérennos meter nunha guerra, rachando o consenso internacional e desprezando a todos aqueles que nos opoñemos á intervención militar en Irak.

INTOXICAN á opinión pública con mentiras e manipulación informativa.

NON escoitan á cidadanía e impiden a liberdade de expresión.

QUEREN impoñernos un modelo mundial de terror e insolidariedade.

Pola paz, o diálogo e o entendemento dos pobos do mundo...

Di NON á guerra

Atras