noticias
quen somos?
actividades e servicios
representantes
iesga no teu centro
contacta
descargas
enlaces
 
 




A Casa Simeón acolle unha mostra fotográfica sobre a Vih-Sida nos paises en vías de desenvolvemento

09/10/2003

A Sala de Exposicións da Casa Simeón acolle ata final de mes a exposición fotográfica "Vih/Sida. Prevención e tratamento" elaborada polos xornalistas Juan Carlos Tomasi e Bru Rovira en colaboración con Médicos Sen Fronteiras. Os xornalistas captaron coas súas cámaras, durante case un ano, ó día a día dos pacientes afectados co Vih beneficiarios do programa de acción desta organización en países en vías de desenvolvemento.

O obxectivo desta mostra é sensibilizar á sociedade en favor da prevención e tratamento do Vih/Sida nos países en vías de desenvolvemento. Con esta mostra a USC pretende fomentar a solidariedade e reflexionar sobre este problema coa fin de que os estudiantes e a sociedade en xeral tomen conciencia da situación. Neste senso, a Vicerrectora de Estudiantes Elena Vázquez animou ós estudiantes a comprometerse con esta causa e que así "acaden un compromiso coas ONGs implicadas neste ámbito, tendo en conta ademais que non se trata dunha enfermidade afastada, porque tamén sucede nas nosas fronteiras, e débenos implicar a todos".

Na exposición reflíctense datos da Organización Mundial da Saúde (OMS) que cifran en 42 millóns as persoas que viven co Vih-Sida no mundo. Ademais, dos 6 millóns que necesitan medicación urxente nos países en vías de desenvolvemento só 230.000 están recibindo terapia antirretroviral, a metade destes en Brasil. Por outra parte, no ano 2002 incrementouse a 3,1 millóns a cifra de falecidos a causa da Sida sendo 28 millóns as mortes producidas dende o inicio da pandemia.

Dende Médicos Sen Fronteiras sinalan a urxencia de facer chegar a estas poboacións os medicamentos necesarios. Neste senso, esta organización pretende a implicación dos gobernos para facer máis accesible a terapia, tendo en conta que nos últimos meses descendeu o custe do tratamento antirretroviral, un dos máis efectivos na mellora da calidade de vida destes pacientes.

a _ t _ r _ a _ s