noticias
quen somos?
actividades e servicios
representantes
iesga no teu centro
contacta
descargas
enlaces
 
 


 

© Luis González
 


Solucións para a integración das persoas con discapacidade


Entre os días 2 e 4 de decembro desenvolverase na Facultade de Ciencias da Comunicación as Xornadas "USC: voluntariado e integración". As xornadas están organizadas pola Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), a Dirección Xeral de Voluntariado, e a Universidade de Santiago de Compostela; servirán de foro de discusión sobre á integración de persoas con discapacidade no ensino universitario.


A vicerrectora de Estudiantes da USC, Elena Vázquez, sinalou que con estas xornadas dase un paso máis a prol de acadar a normalidade e o respecto coas discapacidades a través da concienciación. Pola súa banda, Delmiro Prieto en representación de COGAMI sinalou a necesidade de tomar conciencia de que as persoas con discapacidades son cidadáns independentes con capacidade para a toma de decisións nos temas que lles afectan. Prieto engadiu que "tense avanzado moito, aínda que queda camiño por percorrer, sen esquecer que estamos ante un tema que nos concerne a toda a sociedade". Mª José Bravo, responsable da Dirección Xeral de Voluntariado destacou que "de tódolos proxectos chegados á dirección xeral de Voluntariado os máis brillantes teñen sempre moito que ver coa Universidade de Santiago".


Nas xornadas trataranse temas como as estratexias para a promoción da accesibilidade, os programas con voluntarios especializados na atención de persoas con discapacidade, a transición da educación secundaria á universidade, ou os retos dos servicios universitarios de apoio á integración. As aportacións dende o eido das novas tecnoloxías e os servicios de integración laboral completarán as sesións.[]




Información e inscripcións en:


Oficina do voluntariado da USC
Casa Simeón, r/Casas Reais, 8
Tlf.: 981 563 100 ext.12858/12859


COGAMI
r/Modesto Brocos, 7-3º bloque-baixo
Tlf.:981 574 698

a _ t _ r _ a _ s