
Polémica
en dereito polo novo plano de estudios
A implantación do novo plano de estudios na facultade
de Dereito da USC está a suscitar polémica
entre profesores, departamentos e alumnado. iesga-Dereito
denunciou os abusos por parte dun sector do profesorado animando
ós estudiantes a reclamar esta situación ante
o Decanato e o Valedor do Estudiante. Así mesmo, fan
un chamamento á mobilización e á actuación
solidaria de tódolos estudiantes.
Jóse Luis Valcarce, voceiro de iesga-Dereito,
considera particularmente lamentable a actitude da área
de Dereito Romano, que pasou de ser anual con 17 créditos
a ser cuadrimestral con 7,5. Segundo Valcarce,
"os profesores da area non parecen comprender a diferencia
entre cuadrimestral e anual, e, empéñanse en dar
no cuadrimestre o temario completo que se daba polo plano vello.
O problema de fondo é a incapacidade de D'Ors
e familia de comprender o cambio do sistema de formación
xurídica que supón transformar os estudios xeneralistas
en Dereito en estudios que formen xuristas especializados".
Desta forma, engade Valcarce, o Dereito Romano
debera considerarse coma unha introducción ó dereito
privado que facilite a comprensión da conformación
científica do Dereito.