Iván Area
Gaita
Ten formado parte e colaborado con distintos grupos de música
como por exemplo Gaiteiros da Pontevella, Ars Combinatoria, Grupo
de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela, Gandaina,
Ultreia ou Bate Certo.
Ten acadado numerosos prémios en concursos de gaita e participado
en distintas gravacións, a última de elas co xá mencionado grupo Bate Certo.
Co-autor do libro "Doce Polainas Enteiras", editado
por Edicións do Cumio no ano 1998. Dende o ano 2001 é
colaborador no programa "Lume na Palleira", da Rádio
Galega.